Acción (Pontevedra)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Acción.
Acción Órgano de la juventud católica | |
---|---|
País | España |
Lugar | Pontevedra |
Lingua | castelán e galego |
Fundador | Xosé Sesto López |
Primeira edición | 15 de abril de 1928 |
Última edición | 31 de maio de 1930 ? |
Circulación | |
Frecuencia | quincenal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Acción foi unha revista editada en Pontevedra de 1928 a 1930.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Órgano de la Juventud Católica, apareceu o 15 de abril de 1928. Con periodicidade quincenal, foi fundada por Xosé Sesto e dirixida por José Muíños González. De carácter relixioso, publicou artigos en galego de Antón Losada Diéguez, Antonio Rey Soto, Xoán Bautista Andrade, Jacobo Rey Porto, Xerardo Álvarez Limeses, Manuel Casado Nieto e Herminia Fariña; e tamén poemas de Xosé Manuel Cabada, Casimiro Cubela, M. García García e Xosé Sesto. Tivo inicialmente unha sección crítica titulada "Picotazos", que desapareceu axiña. Cesou a súa publicación o 31 de maio de 1930.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Acción". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Galaxia. p. 19. ISBN 84-8288-137-X.